A Portada publicado por

Este sábado, nova sesión do Comando Le

Este sábado, nova sesión do Comando Le

Este sábado 28 de marzo a partir das 20:00h teremos na Casa da Lectura unha nova sesión do Comando Le, o grupo de activismo cultural de Espazo lectura dirixido a mozos e mozas de mais de 12 anos.

Na primeira parte, divididos en grupos, faremos un xogo de pistas e preguntas que poñerá a proba a súa formación en materia bibliográfica. Logo dunha cea compartida, na segunda parte comezaremos coa preparación dunha actividade na que este ano os comandoleiras e comandoleiras van ter un papel fundamental, a Noite na Biblioteca 2015. Na edición deste ano os mozos e mozas do Comando Le serán os monitores encargados de preparar e organizar as actividades da noite na biblioteca, coa que Espazo Lectura pecha cada ano a súa programación infantil.

No mes de febreiro, o Comando Le celebrou unha sesión sobre privacidade e identidade en internet . Na 1ª parte mantivemos un encontro con Ledicia Costas para falar da súa novela “O corazón de Xúpiter”. Na 2ª parte vimos e comentamos algúns vídeos sobre diferentes aspectos relacionados co uso das redes socias: problemas de identidade e privacidade na rede, de acoso, de respecto cara aos demais, de dependencia e illamento, de relacións sociais…Ademais, trouxemos os libros que realizamos no obradoiro de cartoneiras da sesión de xaneiro para ver como quedaran, xa rematados. Aquí podedes ver algunhas imaxes:

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura