A Portada publicado por

Este sábado, “Plan de rescate” no Lendo Contigo

Este sábado, “Plan de rescate” no Lendo Contigo

O sábado 28 de novembro celébrase o encontro mensual do Lendo Contigo. Nesta ocasión, a obra proposta é Plan de rescate, de Antía Yáñez e editado por Xerais.
Como di un dos personaxes da historia, é unha aventura onde hai escopetas, sangue, xuramentos e ata un plan de rescate; pero tamén amizade, compañeirismo, traballo en equipo e mesmo algo de amor. Será na carpa da Praza da Paradela, en Gondomar, ás 12:00h. Agardámosvos!

Na sesión inaugural do mes de outubro, Vampira de biblioteca foi a obra escollida e tivemos a sorte de contar con Ledicia Costas e Víctor Rivas, que estiveron con nós durante a sesión e nos contaron moitas curiosidades, ademais de responder ás nosas preguntas sobre o libro. Aquí vos deixamos as imaxes dese día:
Lendo Contigo 24/10/2020

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com