Este sábado volve o club Lendo contigo

Este sábado volve o club Lendo contigo

Este sábado 27 de outubro volve o club de lectura compartida Lendo contigo, dirixido a nenos e nenas de 7 a 11 anos e os seus pais e nais. Esta primeira sesión da tempada xirará arredor da novela Andanzas de Xan Farrapeiro, de Ramón Caride Ogando. A cita será ás 12:00h na Biblioteca Municipal de Gondomar e nela contaremos coa presenza do autor. Durante a sesión comentaremos o folleto que preparamos para os nenos e nenas e as súas familias, conversaremos co autor e, se cadra, igual temos a sorte de que se achegue á biblioteca o propio Xan Farrapeiro…

Facebook Twitter Digg Email

You must be logged in to post a comment.

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com