Este venres, 31 de xaneiro, nova sesión de Contos en Cueiros

Este venres, 31 de xaneiro, celebraremos unha nova sesión de Contos en Cueiros. Será unha sesión chea de contos, bicos e aloumiños na que as crianzas poderán disfrutar da caloriña das apertas e do color dos bicos.

A actividade comeza ás 18:00 horas na Casa da Lectura e precisa inscrición previa.

Criterios de inscrición

Contamos cun aforo limitado a 15 bebés acompañados de 1 persoa adulta. Os criterios de inscrición son os seguintes:

– Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.

– Para inscribirse cómpre enviar un correo antes das 12:00 horas do xoves anterior á sesión a contosencueiros@gmail.com e facilitar:

– o nome do bebé
– o ano de nacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2017 ou despois
– o nome da persoa adulta que o vai acompañar
– un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera)
– en caso de ser socios/as, o nome do socio/a

– Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza. Ese correo enviarase o día en que remata o prazo de inscrición, o mércores anterior á sesión.

As fotos da última sesión:
Contos en Cueiros 13/12/19