A Portada publicado por

«Etham Frome», da norteamericana Edith Wharton, novela na que se vai centrar o Sete Vidas de novembro, coa presenza da tradutora da obra

«Etham Frome», da norteamericana Edith Wharton, novela na que se vai centrar o Sete Vidas de novembro, coa presenza da tradutora da obra

O martes 2 de novembro temos unha nova cita co club de lectura Sete Vidas. Nesta ocasión falaremos da novela Etham Frome, da norteamericana Edith Wharton, unha historia de emocións desesperadas e prohibidas tensións sexuais é considerada unha das obras máis elegantes e intensas da narrativa breve norteamericana do século XIX, e a mellor das novelas curtas da autora.

A sesión comeza ás 20:00 horas na Casa da Lectura e a partir das nove da noite incorporarase ao debate a tradutora da novela, Celia Recarey. Celia Recarey é unha das responsables da editora Irmás Cartoné, nada no ano 2015, que se caracteriza por unha filosofía innovadora canto á selección de textos e unha singular concepcion do mundo editorial.

O pasado 5 de outubro o club de lectura Sete Vidas celebrou a primeira sesión da tempada coa novela Terra queimada do prolífico escritor ourensán Ramón Caride. Nesta breve novela, e a través das súas tres historias, o autor compón unha realista estampa do mundo rural do interior de Galiza; a súa decadencia e os lumes forestais como motor de cambio e destrución compoñen unha obra que nos deu para debate e análise.
Na segunda hora acompañounos o propio autor, co que falamos sobre o proceso de elaboración da novela e as súas temáticas. A importancia da memoria de feitos pasados, segundo o autor, foi o arranque para fiar estas historias. Tamén aproveitamos para lembrar a súa anterior visita a Gondomar no Lendo Contigo.
Para rematar unha sesión moi agradable, Ramón agasallou a Casa da Lectura co seu libro Ameaza na Antártida.
Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura