A Portada publicado por

Experimentamos coa música na próxima sesión de Contos en Cueiros

Experimentamos coa música na próxima sesión de Contos en Cueiros

O venres 31 de xaneiro celébrase na Biblioteca Municipal de Gondomar un novo encontro de Contos en Cueiros, a sesións de achegamento á lectura para bebés.

Nesta ocasión contaremos contos que esconden cancións e cantaremos cancións que esconden contos, nunha sesión dedicada á estimulación auditiva e motriz e á experimentación coa música.

Criterios de inscrición

  • HABERÁ 2 PASES O MESMO DÍA: ás 17:30 e ás 18:30 horas.
  •  Os socios e socias de Espazo Lectura terán prioridade na orde de inscrición.
  • Para inscribirse cómpre enviar un correo a espazolectura@gmail.com e dicir a que pase se prefire ir, facilitar o nome do bebé (de 0 a 3 anos), o da persoa adulta que o vai acompañar e un teléfono de contacto. En caso de ser socios/as, cómpre facilitar o nome do socio/a.
  • Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza. Ese correo enviarase o día en que remata o prazo de inscrición: xoves 30 de xaneiro ás 12:00 h do mediodía.

contos_en_cueiros_xan02_2014_biblioteca

 

As seguintes fotos correspóndense co último encontro de Contos en Cueiros, onde dramatizamos o conto sensorial “Oso busca un lugar onde durmir”.

Facebook Twitter Digg Email
1

Espazo Lectura