A Portada publicado por

Faleceu o escritor Xabier P. DoCampo

Faleceu o escritor Xabier P. DoCampo

Dende Espazo Lectura queremos expresar o noso fondo pesar polo falecemento de Xabier P. DoCampo, autor imprescindible da literatura galega contemporánea. Ao longo da súa traxectoria recibiu numerosos premios e recoñecementos á súa figura como o Premio da Feira do Libro da Coruña (1989), o Premio Irmandade do Libro ao Autor do Ano 2009 e a Letra E da AELG en 2014. Coa obra «Cando petan na porta pola noite» recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 1995 e por «O libro das viaxes imaxinarias», o Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro Ilustrado do Ano 2008, o Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega 2008 e o Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil, 2008. A súa novela «A nena do abrigo de astracán» foi recoñecida co Premio Gala do Libro Galego, 2018.

En Espazo Lectura participou no Club de lectura compartida Lendo Contigo no ano 2009. Ficaremos sempre agradecidos.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com