A fogueira dos versos publicado por

Fogueira dos versos 2020

Fogueira dos versos 2020

Espazo Lectura vén celebrando desde o ano 2009, na noite do 23 ao 24 de xuño, a tradicional entrada do solsticio de verán coa “Fogueira dos versos” na Casa da Lectura.
Nesta actividade, que toma o nome dun poemario de Antonio García Teijeiro, xuntamos poesía, lume, música, maxia e contos e serve para pechar as actividades da asociación antes do descanso do verán.

Esta XII edición non vai poder celebrarse como nos gustaría porque as circunstancias non permiten que poidamos xuntarnos tanta xente en condicións de seguridade, pero queremos lanzar unha sinxela proposta que nos poida acompañar alí onde cebremos cada quen a festa.

Seleccionade un poema en lingua galega e enviádenos a foto do poema e da capa do libro ao que pertence. É importante que teñamos claro o título e a autoría así como o libro no que se atopa. Nós encargarémonos de subir as vosas propostas ás redes de Espazo Lectura. Doado, verdade?

Así que animádevos e imos encher as redes de poesía neste comezo do verán 2020!

Envíanos a túa proposta ao correo de Espazo Lectura espazolectura@gmail.com como no exemplo:
photo_2020-06-22_00-42-55

IMG_5931

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com