A fogueira dos versos publicado por

A Fogueira dos Versos, na noite de San Xoán, porá o broche final á tempada de actividades 2012-2013

A Fogueira dos Versos, na noite de San Xoán, porá o broche final á tempada de actividades 2012-2013
A noite do 23 de xuño Espazo Lectura celebrará, un ano máis, un san Xoán alternativo con A Fogueira dos Versos: unha festa na que se combina a celebración tradicional desta data (con comida, lumieira e música tradicional), co recitado de poemas a carón do lume e cun espectáculo cultural que este ano correrá a cargo de Múrmel Bruxas, co título de “Viaxe a Bipolarkus”. Será un espectáculo interdisciplinar, para todos os públicos, que mestura música, teatro e poesía.
A Fogueira dos Versos celébrase na Casa da Lectura a partir das 21:00 horas. As persoas que se animen a participar poden contribuír á festa traendo das súas casas algo de comida.
Coa Fogueira dos Versos Espazo Lectura cerra unha nova tempada de actividades centradas no fomento do libro e a lectura en Gondomar. Unha tempada que, malia as dificultades do momento e grazas ao traballo voluntario das persoas que conforman a asociación, non só conseguiu manter o número de actividades, senón iniciar dúas liñas novas destinadas aos treitos de idade que faltaban por cubrir: Contos en Cueiros, para bebés de 0 a 3 anos, e Comando Le, para mozos e mozas de 12 a 15 anos.

Todas as actividades de Espazo Lectura retomaranse tras o verán.

Facebook Twitter Digg Email
1

Espazo Lectura