Formas e cores, no encontro mensual de Contos en Cueiros

O próximo venres 1 de abril, ás 18:00 horas, na Biblioteca Municipal de Gondomar, celébrase o encontro mensual de Contos en Cueiros. Nesta ocasión, experimentaremos coas formas e as cores a partir dos contos.

Contamos cun aforo limitado a 25 bebés acompañados de 1 adulto. Os criterios de inscrición son os seguintes:

– Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.

– Para inscribirse cómpre enviar un correo a contosencueiros@gmail.com e facilitar:

– o nome e apelidos do bebé
– o ano de nacemento: nenos/as de 0 a 3 anos, nacidos en 2013 ou despois
– o nome da persoa adulta que o vai acompañar
– un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera)
– en caso de ser socios/as, o nome do socio/a

Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza. Ese correo enviarase o día en que remata o prazo de inscrición: o MÉRCORES anterior á sesión, ás 12:00 h do mediodía.

No encontro de Contos en Cueiros do mes febreiro contamos coa actuación especial do Cé Orquestra Pantasma, que viu presentar o seu espectáculo lúdico-musical, para bebés, Fíos do Querer. Despois da divertida actuación musical, sorprendeunos cun momento de experimentación sonora, cuns preciosos instrumentos feitos con materiais orgánicos (madeira, cunchas, piñas, cocos…), que repartiu entre os bebés para que xogasen libremente, ao máis puro estilo cueiro! Estas son as imaxes dese día.