A Portada publicado por

Fran Bueno visita o club Lecturas Debuxadas

Fran Bueno visita o club Lecturas Debuxadas
O martes 24 de febreiro, ás 20:00h na biblioteca de Gondomar, celébrase a sesión mensual do Club Lecturas Debuxadas, na que comentaremos Catálogo oneroso de beleza gratuíta, de Fran Bueno, que estará con nós a partir das nove da noite para comentar con el a súa obra. Catálogo oneroso de beleza gratuíta gañou o VIII Premio Castelao de banda deseñada convocado pola Deputación Provincial da Coruña.
O martes 20 celebramos a sesión de xaneiro do Lecturas Debuxadas, falando nesta ocasión de Entendendo o Comic, de Scott McCloud: un ensaio sobre a banda deseñada, pero contado tamén na forma dunha BD e que se converteu case dende a súa edición xa no ano 1993 nunha obra de referencia. Por unha vez, non había unha historia sobre a que debater, senón que falamos do medio en si, e por medio desta obra opinamos sobre mecanismos, técnicas e mesmo o vocabulario da BD: qué é un comic, o paso do tempo, como os debuxos fan chamadas a outros sentidos e non só ao da vista… En definitiva, unha sesión e unha obra para reflexionar un pouco sobre a 9ª arte e o que nos chama tanto cara a ela. Estas son as imaxes dese día.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura