A Portada publicado por

Gatos e máis gatos, no Contomar

Gatos e máis gatos, no Contomar

O luns 14 de marzo celébrase unha nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar. Nesta ocasión, leremos historias de gatos: Gatiño e a neve, Gatiño vai de vacacións e Cocorico, entre outros. A cita é ás 18:00 horas.

A semana pasada viñeron escoitar contos á biblioteca máis de 40 nenos e nenas, que desfrutaron cos contos que contaron Nuno e Sechu, que se estrearon como contadores no sofá vermello, xunto con Carmen, Xiana e Mar. Estas son as fotos dese día.

Facebook Twitter Digg Email

1 Comment