A Portada publicado por

Gatos maragatos e chibos chibóns, no Contomar deste luns

Gatos maragatos e chibos chibóns, no Contomar deste luns

No Contomar do luns 23 de novembro leremos, entre outros contos, O gato Maragato, Chibos chibóns e O embigo de Xanecas. Coma sempre, a cita co contacontos semanal para nenos e nenas a partir de 3 anos é ás 18:00 horas na Biblioteca de Gondomar.
A semana pasada, 37 nenos e nenas viñeron escoitar contos no Contomar. Marta, Anxo, Luisa e Mar trouxéronnos os contos de A mellor sopa do mundo, Moncho e a mancha“, Paco Trolas e A señora e os bombeiros. Estas son as fotos dese día.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura