«Gatuxo» de Magín Blanco, este domingo 27 no auditorio de Gondomar. Espectáculo de 0 a 5 anos

Dende Espazo Lectura recomendamos o espectáculo Gatuxo de Magín Blanco,que se representa o domingo 27 de decembro, ás 18:00 horas, no Auditorio Lois Tobío dentro da programación de Nadal do Concello de Gondomar. O espectáculo está dirixido a nenos e nenas de 0 a 5 anos.

Gatuxo é un espectáculo onde se fusionan as artes e a música, interpretado en directo por tres músicos a dúas voces. É unha metáfora do crecemento da crianza e do descubrimento do mundo dende unha perspectiva artística: o Gatuxo é arquitecto dunha caixa, é músico na cociña, é pintor de garabatos, é bailarín de claqué, é cantante, é monicrequeiro cos obxectos cos que brinca, e por suposto é o narrador da súa propia historia.

Gatuxo vai dirixido a dous públicos moi diferenciados, aínda que acudirán xuntos ao espectáculo: as crianzas, ás que vai dirixida a parte mais sensorial e orgánica do espectáculo, e os seus pais/nais, que recoñecerán a evolución de Gatuxo na dos seus propios fillos.