Homenaxe ás avoas e avós, na Casa da Lectura

Este mércores, 5 de decembro, a sesión de dinamización lectora da Casa da Lectura réndelle unha homenaxe ás avoas e aos avós a través dos contos “O avó de Zulaimar” e “Avós”. A actividade comeza ás 18:00 horas e aténdese o servizo de préstamo bibliotecario a partir das 17:30.
Deseguido pódense ver algunhas imaxes da sesión da semana pasada, que xirou arredor das emocións.

Casa da Lectura 2018-11-28