Casa da Lectura publicado por

Hoxe, na Casa da Lectura, mergullámonos no mundo do Principiño

Hoxe, na Casa da Lectura, mergullámonos no mundo do Principiño

Na actividade semanal da Casa da Lectura (Nogueira, 8 – Donas), que terá lugar hoxe mércores 18 a partir das 18.30 horas, mergullarémonos no fabuloso mundo de O principiño, de Saint-Exupéry.

O principiño é a historia dun piloto e un neno, dun año e unha flor, dun pozo, dunha raposa, dunha viaxe polo espazo… Pero é, sobre todo, unha fábula na que todos eses elementos presentes na historia nos falan das relacións entre as persoas, do amor e da amizade, do sufrimento e da dor. Traducido a máis de cen linguas e lido por millóns de persoas en todo o mundo, este libro leva provocado moitas reflexións e interpretacións nas que adquire un protagonismo especial a biografía, apaixonante e aventureira, do seu autor.

A Casa da Lectura permanece aberta os mércores dende as 17.30 ata o remate da actividade de fomento da lectura.

Facebook Twitter Digg Email

1 Comment

  • Ai, que mágoa, non podo ir!!!