Hoxe, última sesión da tempada do Club Lecturas Debuxadas

Hoxe, martes 16 de xuño, temos a última sesión da tempada, ata a volta do verán, do Club Lecturas Debuxadas. O cómic que imos comentar é A conta atrás, de Carlos Portela e Sergi Sanjulián.
Lembrámosvos que nesta sesión queremos confeccionar entre todos e todas unha listaxe de cómics recomendados para ler durante o verán. Así que traede as vosas recomendacións!