A Portada publicado por

«I.D.», da galega Emma Ríos, no Lecturas Debuxadas de febreiro

«I.D.», da galega Emma Ríos, no Lecturas Debuxadas de febreiro
O próximo martes, día 21 de febreiro, celébrase a sesión mensual do Club Lecturas Debuxadas, na que comentaremos I.D., de Emma Ríos.
Para ir abrindo boca podedes escoitar unha entrevista con Emma Ríos falando da obra no programa 56 do podcast Metrópoles Delirantes: http://www.metropolesdelirantes.com/2016/06/metropoles-delirantes-emma-rios/
Vémonos o martes ás oito da tarde na Biblioteca Municipal de Gondomar.

Na sesión de xaneiro xuntámonos para comentar “Juliette”, de Camille Jourdy. Resultou ser unha BD moi coral, na que as moitas personaxes están tratadas con atención e mesmo con tenrura. Coa escusa de que Juliette volve á casa do seu pai por uns días, a autora retrata a familia toda, e mesmo a boa parte da xente da vila. Cun ritmo axeitado, pausado cando así o require, e unha cor e un debuxo alegre e luminoso, por veces mesmo brillate, a obra resulta ter un ton optimista e conciliador. Estas son as imaxes dese día: https://goo.gl/photos/VWxAvVpLHM8SScqx7

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura