Imos á escola de vacas, na Casa da Lectura

Este mércores 22 de marzo, a sesión de dinamización lectora da Casa da Lectura xirará arredor do álbum ilustrado Primeira semana na escola de vacas, editado en galego por PatasdePeixe. Coma todas as semanas, a actividade dá comezo ás 18:00 horas a Casa da Lectura abre as portas media hora antes para atender o servizo de préstamo bibliotecario.

A semana pasada desfrutamos dunha marabillosa sesión de poesía, para calquera hora do día. Neste enlace pódense ver as fotos: https://goo.gl/photos/7Fukvpa95WPWatd87