Incrición para a primeira xuntanza da tempada de Contos en Cueiros

O venres 25 de outubro, ás 18:00 horas, celébrase na Casa da Lectura de Donas (Gondomar) o primeiro encontro da tempada 2019-2020 de Contos en Cueiros.

Nesta ocasión, ademais de presentarlles a actividade ás novas familias que se acheguen por primeira vez, faremos unha sesión musical: contaremos contos que esconden cancións e cantaremos cancións que esconden contos, nunha sesión dedicada á estimulación auditiva e motriz e á experimentación coa música.

Criterios de inscrición

Contamos cun aforo limitado a 15 bebés acompañados de 1 persoa adulta. Os criterios de inscrición son os seguintes:– Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura que teñan ao corrente ao pago da cota 2019, por orde de inscrición.– Para inscribirse cómpre enviar un correo a contosencueiros@gmail.com e facilitar:– o nome do bebé

  • o ano denacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2016 ou despois
  • o nome da persoa adulta que o vai acompañar
  • un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera)
  • en caso de ser socios/as, o nome do socio/a e confirmación de ter pagada a cota 2019

Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza. Ese correo enviarase o MÉRCORES anterior á sesión.