Iria Misa visita o Comando Le

Este próximo sábado 24 de novembro a Casa da Lectura acollerá unha nova sesión do Comando Le, na que contaremos coa presenza da escritora Iria Misa para falar da súa novela «Segredos no Solpor», obra que leron este mes os rapaces e rapazas que participan na actividade. Logo da cea compartida, na segunda parte da sesión, haberá un xogo de pistas por equipos que poñerá a proba a habilidade dos comandoleiros e comandoleiras para moverse entre os libros e outros recursos que habitan os andeis da biblioteca da Casa da Lectura. A reunión, dirixida a mozos e mozas de máis de 12 anos, comezará ás 20:00h e rematará, como é habitual, ás 00:00h

Será a segunda sesión da tempada, logo do primeiro encontro de presentación que celebramos o pasado 27 de outubro:
Comando Le 27/10/2018