A Portada publicado por

Irmás Cartoné, nova editorial socia-protectora de Espazo Lectura

Irmás Cartoné, nova editorial socia-protectora de Espazo Lectura

Dende Espazo Lectura damos a benvida e agradecemos a súa colaboración e compromiso co noso proxecto de dinamización lectora á Editorial Irmás Cartoné, que se incorpora como socia-protectora da asociación.
Irmás Cartoné é unha pequena editora independente dedicada á tradución ao galego de textos clásicos da literatura universal.

Os socios protectores de Espazo Lectura son, segundo os propios estatutos da organización, “aquelas persoas físicas ou xurídicas que, a xuízo da Xunta Directiva, contribúen materialmente e de forma notable ao sostemento da asociación”. Irmás Cartoné súmase así a outras editoriais que xa forman parte de Espazo Lectura como Urco, Hugin e Munin, Baía Edicións, El Patito Editorial, Ir Indo, Rinoceronte, Patasdepeixe, Edicións do Cumio, Galaxia, Kalandraka, OQO, Rodeira ou Xerais.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura