Casa da Lectura publicado por

Lectura, imaxinación e escrita, na sesión deste mércores na Casa da Lectura

Lectura, imaxinación e escrita, na sesión deste mércores na Casa da Lectura

 A sesión de dinamización da Casa da Lectura abordará, o próximo mércores 29 a lectura, a imaxinación e a escrita, e poñerá a proba a nosa capacidade para crear, para inventar e para superar as barreiras idiomáticas. Contaranse tres contos. O primeiro será Eddie, do ilustrador e escritor norteamericano Oliver Dunrea; e o segundo será ‘s Nachts, do ilustrador alemán Wolf Erlbruch; ambos os dous van ser contados a partir dunha edición en lingua neerlandesa. En terceiro lugar contarase Il merlo ha perso il becco, do deseñador gráfico, artista plástico e poeta italiano Bruno Munari.
 Todo será a partir das 18:30 horas, e unha hora antes a Casa da Lectura xa estará aberta para préstamo e consulta de fondos.

Estas son algunhas imaxes da anterior sesión de dinamización lectora, dedicada á poesía.

Facebook Twitter Digg Email

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *