Club de Lecturas Debuxadas publicado por

Lecturas Debuxadas: Maus.

Lecturas Debuxadas: Maus.

Á sesión do día 17 de febreiro acudiron 11 persoas que compartiron impresións despois de ler Maus, relato dun supervivente, de Art Spiegelman.

En xeral o cómic gustou, aínda que a historia eclipsa a parte gráfica da obra. Houbo acordo en que a lectura da narración da historia fai que se pase por riba dos recursos gráficos que son moitos e moi ben utilizados. Sorprendeu a coherencia de toda a obra sabendo que se tardou toda unha década en ser realizada. Falouse da continua mestura entre pasado e presente, da historia do pai Vladek e da vida presente cando o fillo Art está recollendo o que o pai lle conta. Comentouse a personalidade de Vladek e falouse da ausencia, moi notable, da historia de Anja, sendo todo un misterio como puido sobrevivir a Birkenau. Fálase tamén de todas as historias que aparecen en Maus: a propia vivencia de Vladek, a relación de Vladek co fillo, a historia de amor entre Anja e Vladek, a vivencia da publicación da primeira parte de Maus, que sae na segunda parte, o relato dunha tira que xa publicara Spiegelman e que reproduce dentro de Maus… Tivemos ocasión de poder observar esta tira na recente publicación de Breakdowns, que recolle fragmentos da revista Raw, da que era editor o propio Art Spiegelman. Neste libro tamén se recolle o que puido ser un inicio da propia obra de Maus, onde se observa un debuxo máis detallado das formas animais que utiliza para os personaxes da obra. Todos estamos de acordo en que a forma final escollida, máis desdebuxada e máis abstracta ten máis forza que a que aparece en Breakdowns.

Neste momento preguntouse por máis obras de Art Spiegelman, porque todo parecía centrarse en Maus. Aquí pódese ver máis sobre este autor e a súa obra:

Wikipedia : Obra
Noveno-arte
El País
Lecturalia
Militeraturas

En resumo, unha obra moi completa e con moitas visións que de seguro requiren máis dunha lectura.

Lugares onde se fala de Maus:

Wikipedia
La cárcel de papel
Guía del cómic
El archivo de Nessus
TebeosferaComiqueando
Pienso en cómics
La piedra de Sísifo

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com