Lecturas para a paz

Lecturas para a paz


Con motivo da celebración do Día da Paz, o sábado 31, ás 12.00 horas na biblioteca de Gondomar, gozaremos dunha sesión moi especial do club de lectura compartida Lendo Contigo.

O programa que se vai desenvolver é o seguinte:

– Recital poético-musical con textos de Antonio García Teijeiro e pezas musicais interpretadas en directo por cinco nenos e nenas que forman parte do club de lectura: Gabriela Legaspi Fernández (teclados), Xiana Bello Míguez (teclados), Erea del Río Morales (frauta traveseira), Nicolás Teixeiro Garrido (clarinete) e Néstor Teixeiro Garrido (trompeta). Colabora: Juan Costas, director da banda de música de Vincios.

– Charla-coloquio, con actividades para reflexionar sobre o tema da paz nos libros, a partir das seguintes lecturas:

– Para nenos e nenas de 7-8 anos: O homiño de papel, de Fernando Alonso.

– Para nenos e nenas de 9-10 anos: El lugar más bonito del mundo, de Ann Cameron.
– Para nenos e nenas de máis de 10 anos: Usha, de María Reimóndez.

– Elaboración dun mural conxunto no que os nenos e nenas plasmarán a través da linguaxe plástica as lecturas que realizaron.

Cando é tan necesario falar de paz, a literatura convértese nunha ferramenta tremendamente útil para transmitir os valores do diálogo, a tolerancia e a non violencia.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura