Ler cos bebés: sesión informativa de Contos en Cueiros

A sesión informativa de Contos en Cueiros “Ler cos bebés”, que foi suspendida a semana pasada, terá lugar este venres 25 de outubro ás 18:00 horas, na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas).

Ler cos bebés será unha charla informativa sobre a importancia de iniciar na lectura dende os primeiros meses de vida. Nela tamén presentaremos os recursos que están dispoñibles na Casa da Lectura para estas idades e falaremos da dinámica de Contos en Cueiros para a nova tempada.

É unha sesión destinada a pais, nais e outras persoas interesadas á que é preferible vir sen bebés.

Con esta sesión arrancará a nova tempada de Contos en Cueiros, o contacontos de Espazo Lectura para bebés de 0 a 3 anos e as súas familias.