Novas da asociación publicado por

Ler cos bebés: sesión informativa de inicio da tempada de Contos en Cueiros

Ler cos bebés: sesión informativa de inicio da tempada de Contos en Cueiros
O venres 18 de outubro ás 18:00 horas, na Casa da Lectura, arranca a nova tempada de Contos en Cueiros, o contacontos de Espazo Lectura para bebés de 0 a 3 anos e as súas familias.

A primeira sesión, LER COS BEBÉS, será unha charla informativa sobre a importancia de iniciar na lectura dende os primeiros meses de vida. Nela tamén presentaremos os recursos que están dispoñibles na Casa da Lectura para estas idades e falaremos da dinámica de Contos en Cueiros para a nova tempada.

É unha sesión destinada a pais, nais e outras persoas interesadas á que é preferible vir sen bebés.

Agardamos vervos alí.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com