Ler é facer maxia creadora

Recomendamos o artigoLer é facer maxia creadora” publicado hoxe no suplemento Luces de El País, onde Suso de Toro reflexiona arredor da lectura e da escrita ante os cambios que están a introducir as novas tecnoloxías. Nel dinse cousas coma esta:

Ante o texto situámonos nese intre do amencer tan breve que abre e funda o día, nese campo delicado entre o soño e a vixilia, cando temos as pálpebras cerradas aínda e xa a luz da mañá ilumina nelas. Ler é estar entre a imaxinación e a conciencia. As palabras son cifras. O escritor cifra nelas o mundo, mais quen le descifra un mundo semellante ao escrito, mais sempre diferente, pois quen le é dono do que le. Quen le crea un mundo, un soño. Mais o soño non está aí fóra: o que soñamos lendo transcorre dentro de nós.