A Portada publicado por

Levámosnos ben, na Casa da Lectura

Levámosnos ben, na Casa da Lectura

O vindeiro mércores 18 de maio, na sesión de dinamización lectora da Casa da Lectura contaremos contos e cantaremos cancións para aprender a levarnos ben. Leremos A bruxa Discordia e Negros e brancos e, como é adoito, os nenos e nenas que acudan á sesión realizarán unha actividade xuntos. A hora de comezo da sesión é as 18:00, e media hora antes aténdese o servizo de préstamo.
A semana pasada tivemos unha sesión poética a partir dos libros “¿En qué piensas?”, “As luces que se acenden e se apagan” e “O meu gato é un poeta”. Despois fixemos un creativo obradoiro onde combinamos expresión plástica e poesía. Estas son as fotos da sesión.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura