Libraida, nova socia-protectora de Espazo Lectura

A libraría Libraida, situada na rúa Rosalía de Castro 13 de Gondomar, acaba de sumarse ao proxecto de Espazo Lectura como socia-protectora, polo que os nosos socios e socias poderán beneficiarse dun desconto do 5% en todas as súas compras na libraría (salvo libros de texto). Coa incorporación de Libraida son xa 29 os socios-protectores de Espazo Lectura (editoriais, centros de ensino, compañías de teatro e empresas), unha valiosa rede de colaboración que se foi construíndo ao longo dos oito anos de vida da nosa asociación.

Desde Espazo Lectura dámoslle a Libraida a nosa benvida como socia e facemos público o noso agradecemento para esta libraría e para todos os demais socios-protectores pola súa colaboración e apoio, que contribúen a fortalecer o proxecto de fomento da lectura que desenvolvemos desde o Val Miñor.