A Portada publicado por

Lóbez, o lobo que non sabía ouvear, no Lendo Contigo de novembro

Lóbez, o lobo que non sabía ouvear, no Lendo Contigo de novembro

A lectura proposta para este mes no club de lectura compartida Lendo Contigo foi Lóbez, de Antonio Yáñez Casal (Baía Edicións), e este sábado 23 de novembro teremos a oportunidade de coñecer o autor do libro e falar con el sobre a historia deste lobo que non sabía ouvear.

Durante a sesión escoitaremos ouveos, pero de onde proceden só o poderedes descubrir alí mesmo… Apuntade: a cita é o sábado 23 de novembro, a partir das 12:00 horas, na Biblioteca de Gondomar.

Nesta galería de imaxes pódense ver varios momentos do vividono Lendo Contigo de outubro, cando nos visitou a escritora María Solar.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura