A Portada publicado por

Luis Davila, na primeira sesión do Lecturas Debuxadas da nova tempada

Luis Davila, na primeira sesión do Lecturas Debuxadas da nova tempada
O martes día 21 de outubro, ás 20:00h na Biblioteca de Gondomar, celébrase a primeira sesión da tempada 2014-2015 do Club Lecturas Debuxadas, na que comentaremos O Bichero. Menudo día, do debuxante e humorista Luis Davila, popular polas súas tiras diarias no Faro de Vigo.
Luis Davila acompañaranos na sesión a partir das nove para para falar coas persoas que nos queiran acompañar sobre a selección das mellores tiras de humor gráfico que o autor recompila neste volume.
O-bichero-menudo-día
Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura