A fogueira dos versos publicado por

Magín Blanco será o artista convidado na Fogueira dos Versos 2015 co seu espectáculo “Contos encantados”

Magín Blanco será o artista convidado na Fogueira dos Versos 2015 co seu espectáculo “Contos encantados”

A noite do 23 de xuño Espazo Lectura celebrará un san Xoán diferente coa oitava edición de A Fogueira dos Versos: unha festa na que se combina a celebración tradicional desta data (con comida, lumieira e música tradicional), co recitado de poemas a carón do lume e cun espectáculo que este ano correrá a cargo do músico Magín Blanco que, coa proposta “Contos encantados”, encherá a noite de historias e cancións.

A Fogueira dos Versos celébrase na Casa da Lectura a partir das 21:00 horas. As persoas que se animen a participar poden contribuír á festa traendo das súas casas algo de comida.

Coa Fogueira dos Versos Espazo Lectura cerra unha nova tempada de actividades centradas no fomento do libro e a lectura en Gondomar. Unha tempada que grazas ao traballo voluntario das persoas que conforman a asociación, así como aos seus socios e socias, mantivo unha completa axenda de actividades destinadas a todos os públicos de todos os treitos de idade.

Todas as actividades de Espazo Lectura retomaranse tras o verán.

Facebook Twitter Digg Email

1 Comment