Máis contador@s e máis contos no Contomar

Este luns, 14 de novembro celebramos unha nova sesión de contacontos na biblioteca municipal de Gondomar. Coma sempre, o Contomar comeza ás 18:00 horas.
A semana pasada contamos con 33 nenos e nenas que viñeron á biblioteca para escoitar, na voz de Luisa, o conto de “Os tres porquiños”. Bea leunos “O gato lambón” e rematou Marta coa historia de “E con Tango somos tres”.
Aquí as fotos da semana pasada.