A Portada publicado por

Máis contos no Contomar

Máis contos no Contomar

Este lun, 7 de novembro, continúan as sesións de contos na Bilbioteca Municipal de Gondomar. O Contomar comeza ás 18:00 horas e está aberto a todas aquelas familias con nenos e nenas a partir de 3 anos que queiran achegarse.
Na anterior sesión acompañáronnos arredor de 20 nenos e nenas. Mar foi a encargada de recibilos, de recordar as normas e de dar paso á primeira contocontadora, que foi Patricia con “Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis”. En segundo lugar, Marta leunos “Tío Lobo”; despois viu Nuno, que nos contou “O tigre que viu tomar o té”, e pechou a sesión Marta cun conto curtiño, “O lapis”. As fotos da sesión pódense ver accedendo dende aquí.

Facebook Twitter Digg Email
1

Espazo Lectura