Este sábado 20 de decembro, ás 12:00 horas, na Biblioteca Municipal de Gondomar, terá lugar a última sesión deste ano do club de lectura compartida Lendo Contigo.
Nesta sesión o club recibirá a visita do ilustrador e escritor Jacobo Fernández Serrano, que falará sobre o primeiro volume da súa serie de banda deseñada “Marcopola”: As orixes de Marcopola. 1. A illa remeira (Edicións Xerais). É a segunda vez que Jacobo Fernández participa no club Lendo contigo. A anterior fora co libro Mil cousas poden pasar (Xerais, Premio Merlín, 2009). Será unha sesión na que a ilustración terá a maior parte do protagonismo e na que, seguro, poderemos agardar tamén algunha sorpresa.
A continuación, pódense ver algunhas fotos da sesión anterior dedicada ao libro O agasallo de Anya.