Marcos Calveiro, autor de “Festina lente”, estará mañá en Libraida

A libraría Libraida, en colaboración con Edicións Xerais, organiza un encontro co escritor Marcos Calveiro, autor de Festina lente, a novela proposta no club de lectura Sete Vidas para o mes de outubro. O acto, presentado polo profesor Manuel Candelas, celebrarase este venres, 23 de outubro, ás 20.30 horas na libraría Libraida (Rosalía de Castro núm. 13, Gondomar).
Nas imaxes, dous momentos da sesión do Sete Vidas dedicado á novela de Marcos Calveiro.