A Portada publicado por

María Canosa vén ao Lendo Contigo para falar da súa novela «Muriel»

María Canosa vén ao Lendo Contigo para falar da súa novela «Muriel»

O sábado 24 de novembro, no club de lectura compartida Lendo Contigo temos unha cita coa historia de «Muriel», da escritora María Canosa (Edicións Xerais). Esta obra foi gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2017 e nela coñeceremos a Muriel, que bota en falta unha persoa moi especial.
A sesión será ás 12.00h na casa da Lectura (Nogueira 8, Donas). Agardámosvos!!

Na sesión do mes de outubro estivo con nós Ánxela Loureiro e a súa obra «Choiva de ras» (Xerais). Foi unha sesión moi divertida na que cantamos, bailamos, e aprendimos moooito sobre as ras e otros animais dos nosos bosques! Aquí tedes as imaxes dese día.

Lendo Contigo 2018/10/27

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com