Meigas fóra!, na Casa da Lectura

Este mércores 21 de febreiro, a partir das 18:00 horas, na Casa da Lectura celébrase a sesión semanal de animación á lectura. Magos e bruxas van ser os protagonistas nesta ocasión, cos contos: “Gago por Merenda” e “La Bruja Gertrudis”. Despois haberá un obradoiro moi entroideiro.
A semana pasada tivemos unha sesión de luxo na Casa da Lectura. Conducidos por tres membros do Comando Le, Xela, Emma e Cristina, vivimos e experimentamos contos cos nosos cinco sentidos. Foi unha sesión moi lúdica na que os cativos puideron ir xogando coa variada oferta de experiencias sensoriais que ofrecía cada un dos kits dos sentidos. Contáronnos os cinco libros de OQO sobre os sentidos e ensináronnos a cantar a canción “Aire” que inclúe o último disco de María Fumaça. Grazas, comandoleiras!
Estas son as fotos dese día: https://goo.gl/photos/2ag4pzwLsheXq7YB7