A Portada publicado por

Menú degustación de contos para finalizar a tempada 13-14 na Casa da Lectura

Menú degustación de contos para finalizar a tempada 13-14 na Casa da Lectura

A Casa da Lectura acollerá este mércores, 11 de xuño, a última actividade antes das vacacións do verán: unha merenda con contos. Ás 18.00 horas estades convidados e convidadas a un menú degustación de contos gastronómicos. Ao remate da sesión, Espazo Lectura convidará a todos os nenos e nenas a unha merenda de conto na que haberá froitas, galletas e biscoitos.
Con esta merenda con contos, Espazo Lectura despide ata o outono a súa programación infantil na Casa da Lectura.

A sesión da semana pasada estivo dedicada ás familias que semana tras semana acompañan os seus nenos e nenas ás actividades da Casa da Lectura. Estas son as imaxes dese día.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura