Casa da Lectura publicado por

Mércores na Casa da Lectura

Mércores na Casa da Lectura

Este mércores día 3 de febreiro, na Casa da Lectura, imos ler os contos A viaxe de Renata e A cebra Camila, dúas historias que falan do que pode pasar cando, por razóns alleas a nós, cambiamos de aspecto físico de xeito inesperado. A xoaniña Renata perde os seus puntiños negros e a cebra Camila perde as súas raias, pero serán quen de amañar esa situación e adaptarse a un novo aspecto?
No remate da sesión, aproveitando a proximidade do Entroido, os nenos e nenas farán o seu propio disfraz de xoaniñas.

O contacontos será a partir das 18.30 horas, e unha hora antes a Casa da Lectura (Nogueira, 8 – Donas) xa estará aberta ao público.

Estas son algunhas imaxes da sesión anterior, centrada na reciclaxe e no poder da imaxinación.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura