Mestras do Ceip Souto-Donas traen ao Contomar “Contos cos cinco sentidos”

Contomar contiúa coas colaboracións dos centros de ensino do Val Miñor. O luns 5 de maio, recibiremos con moito agradecemento a mestras do CEIP Souto-Donas, que nos van contar CONTOS COS CINCO SENTIDOS. Será unha sesión dende o tacto ata o gusto con: O libro negro das cores; Un punto vermello; Un libro; O cascabel da gata; A casa da mosca chosca e A que sabe a Lúa? A cita, coma sempre, é na Biblioteca de Gondomar ás 18:00 horas.