Miguel Anxo Fernán Vello opina sobre o libro electrónico

O editor e poeta Miguel Anxo Fernán Vello publicou no xornal Galicia Hoxe dous interesantes artigos sobre o libro electrónico:

(…) O libro do futuro, na miña opinión, será electrónico, e digo isto con toda naturalidade e con toda seriedade. O libro de papel, sen dúbida, foi e é unha das grandes creacións da humanidade, un obxecto e un produto de altísima utilidade, crucial na historia das ideas e do coñecemento. Ninguén o pon en dúbida. E ademais, en moitos casos, chega a ser un obxecto fermoso. Mais os tempos mudan. E as vontades. ¿Cal é hoxe o custo ambiental que vai aparellado á edición en papel? (…) Evidentemente, o libro tradicional convivirá durante anos co libro electrónico, mais este último gañará a partida. (…) E non temamos, non, pola literatura. Como di o profesor Joaquín Mª Aguirre, “a literatura é a arte da palabra, non a do papel (…).

Ler os artigos integramente: 1 e 2.