Monstros e princesas no Contomar

O luns 4 de febreiro, os nenos e nenas de Gondomar e os pais e nais teñen unha nova cita co Contomar na Biblioteca Municipal. Nesta ocasión, os contos que se van contar son Tío Lobo, Eu non fun, Gato Guille e os monstros e A princesa que bocexaba a todas horas. A actividade comeza ás 18:00 horas.

Nesta galería de imaxes pódense ver varios momentos do contacontos do luns 28 de xaneiro.