Monstros e puntiños no Contomar

O luns 10 de novembro ten lugar a nova sesión do Contomar, o contacontos de Espazo Lectura para nenos e nenas a partir de 3 anos. Entre outros contos, contaremos Monstro pequeno di non! e Aquiles o puntiño. A sesión comeza ás 18:00 horas na Biblioteca de Gondomar.

Na sesión do luns pasado os mozos e mozas do Comando Le visitaron o Contomar cargados de contos para lerlles aos pequenos e pequenas. Foi unha sesión magnífica e moi emotiva, xa que moitos dos rapaces que participaron asistían ás sesións do Contomar cando eran pequenos… Estas son as fotos.