Mulleres valentes, na Casa da Lectura

Na sesión de dinamización lectora deste mércores 28 de novembro, na Casa da Lectura, leremos contos con mulleres afoutas como protagonistas: «Dona Carme», «As manoplas de Carapuchiña» e «Pedra, pau e palla» serán algunhas das lecturas. No obradoiro poremos a proba a nosa destreza manual. A sesión, coma sempre, comeza ás 18:00 horas.

Deseguido pódense ver as fotos da actividade da semana pasada.

Casa da Lectura 2019-11-20