Música para cerrar o ano no Contomar

O próximo luns 20 de decembro, ás 18:00 horas, sesión especial do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos.

Para despedir o ano contamos coa actuación da Banda dos Cueiros, banda de música infantil que naceu das actividades de Espazo Lectura.

Pregamos que, por favor, acuda unha única persoa adulta por unidade familiar, a excepción das contadoras e contadores que poderán acudir dous por unidade.

Na sesión anterior contamos:
A pota que trota de OQO editora.
As caras da miña choiva da editorial Galaxia
A casa da mosca chosca da editorial Kalandraka.

Deixámosvos a continuación algunhas imaxes dese día:
Contomar 13.12.21