Casa da Lectura publicado por

Na busca dun fogar, na Casa da Lectura

Na busca dun fogar, na Casa da Lectura

Este mércores na Casa da Lectura contaremos Na busca dun fogar, un conto de Alexis Deacon, ilustrado por Viviane Schwarz e editado en galego por Patas de peixe. Nel un grupo de irmáns debe abandonar o buratiño no que vivían e emprender unha viaxe na procura dun novo fogar. Logo de cruzar o mar, subir unha montaña, atravesar o deserto e enfrontarse a diversos perigos, poderán descubrir o grande e fermoso que é o mundo. Tamén nós, despois de ler o conto, sairemos de viaxe e poñeremos a proba a nosa puntería sobre un mapa de Galicia para buscar un fogar.
A cita é o 9 de novembro, a partir das 18:30 na Casa da Lectura.

Velaquí algunhas imaxes da sesión da semana pasada, de dedicada aos monstros.

Facebook Twitter Digg Email

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *