Na Casa da Lectura imos polo mar abaixo

A sesión de dinamización lectora deste mércores 15 de maio estará dedicada ao mar. Leremos os contos «Nadarín», «Xa vou» e «O peixe vermello», e logo faremos un creativo obradoiro de plastilina. A sesión comeza ás 18:00 horas e desde media hora aténdese o servizo de préstamo bibliotecario.

Deseguido pódense ver as imaxes da última actividade, unha sesión pirata capitaneada por membros do Comando Le.

Casa da Lectura 2019-05-10