A Portada publicado por

Na Casa da Lectura sabemos que todas e todos facemos todo

Na Casa da Lectura sabemos que todas e todos facemos todo

Este mércores, 21 de outubro, temos unha nova sesión de dinamización lectora na Casa da Lectura. Nesta ocasión contaremos contos sobre a igualdade entre homes e mulleres. Coñeceremos a historia de Maruxa e xogaremos coas páxinas de Todos fazemos tudo.

Na sesión da semana pasada iniciamos a viaxe polo mundo dos contos que faremos ao longo de toda esta tempada. Lemos contos de diversos países e contruímos o noso propio pasaporte lector para que nos acompañe cada mércores e onde poder anotar os contos que imos lendo. Estas son algunhas das imaxes dese día.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura